Chapela e Samertolameu reinan na Bandeira Porto de Vilagarcía

Pablo Penedo Vázquez
Pablo Penedo VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

A tripulación cadete feminina do C.R. Mecos, única alegría arousá no peirao de Vilaxoán, onde se congregaron 115 bateis

02 abr 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O peirao de Vilaxoán recuperou onte unha imaxe moi parecida a de calquera regata de bateis previa á pandemia de covid-19. Con numerosos afeccionados querendo seguir a evolución das regatas das nove categorías nas que onte competiron 115 tripulacións en pos dos dous pavillóns da vitoria da XIV Bandeira Porto de Vilagarcía. Finalmente, a feminina foi parar a mans de Chapela, mentres que a masculina viaxou á vitrina de trofeos de Samertolameu de Meira. Nunha xornada perfecta para a remada, tanto polas condicións de vento como da auga, e coa chuvia agardando xusto á finalización das quendas para facer acto de presenza, entre as embarcacións do sur da ría de Arousa participantes tan só a cadete feminina do C.R. Mecos saboreou a vitoria, cun tempo de 8 minutos, 7 segundos e 55 centésimas, seguida de Chapela, en 8.10.89, e Robaleira, en 8.14.78.

Polo demais, estes foron os tempos das tripulacións que coparon os diferentes podios. Na categoría feminina, en alevín: 1ª. Vila de Cangas (2.50.95), 2ª. Chapela (3.15.25), 3ª. Tirán (3.26.32). Infantil: 1ª. Samertolameu (5.15.93), 2ª. Tirán (5.21.41), 3ª. Mecos (5.45.65). Sénior: 1ª. Robaleira (10.15.74), 2ª. Samertolameu (10.20.35), 3ª. Chapela (10.23.23).

Polo que respecta á categoría masculina, os podios repartíronse da seguinte maneira. Alevín: 1ª. Samertolameu (2.51.33), 2ª. Bueu (3.03.52), 3ª. C.R. Mecos (3.04.57). Infantil: 1ª. Cesantes (5.01.57), 2ª. Virxe da Guía (5.12.71). 3ª. Tirán (5.22.58). Cadete: 1ª. Samertolameu (7.14.57), 2ª. Vilaxoán (7.19.58). 3ª. Chapela (7.22.54). Xuvenil: 1ª. Bueu (9.35.47), 2ª. Amegrove (9.35.73), 3ª. Chapela (9.45.87). Sénior: 1ª. Bueu (8.58.56), 2ª. Samertolameu (9.03.01), 3ª. Tirán (9.10.10).

A entrega de premios contou coa presenza do concelleiro de Deportes de Vilagarcía, Miro Serén, que deu a bandeira feminina, e coa directora de infraestruturas da Autoridad Portuaria de Vilagarcía, María Marco, que fixo o propio coa masculina.

Tras a xornada de descanso de hoxe, a frota de bateis da provincia de Pontevedra volveráse citar o sábado, a partir das catro e media da tarde no peirao grovense do Corgo na Bandeira Lavanova, co C.R. Mecos como anfitrión. O maratón de regatas concluirá na mañá do domingo coa Bandeira Amegrove, en Meloxo.