O agasallo da profesora

La Voz

VILAGARCÍA DE AROUSA

Martina Miser

Xela Cid despídese do seu instituto regalándolle unha exposición co material didáctico que recompilou nos seus moitos anos de docencia no centro

01 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Xela Cid leva moitos anos dando clases de Xeoloxía e Bioloxía no instituto de Carril. Agora, chegoulle o tempo da xubilación. Pero esta mestra, que é das que deixan pegada nos seus alumnos, quixo despedirse por todo o alto. Así que onte no centro inaugurouse unha exposición co material didáctico que ten recompilado Xela nos seus anos de carreira, e nos próximos días haberá xornadas de portas abertas no laboratorio.