18 nov 2017 . Actualizado a las 05:00 h.
Hoxe sábado • Salón García • 18 horas • 5 euros de entrada • O grupo Caramuxo Teatro chega hoxe á Vilagarcía para por en escena unha obra universal: o conto de Hans Cristian Andersen «O parruliño feo». A revisión teatral que se fixo de esta historia leva por título, simplemente, «Feo!». Está dirixido a nenos a partir de tres anos de idade, e nela cóntase a historia dunha pequena fábrica de parrulos de goma na que, un día, de xeito inesperado, sae das súas entrañas un parrulo que non é exactamente igual aos demais. A obra pretende ser un canto á diversidade, unha loubanza a riqueza da diferenza. A peza está pensada para gozar dela en familia. ¿Pode haber un plan mellor?.