«Vilagarcía debería ter como mínimo un equipo en LEB Prata. Os seus clubs meréceno»

La Voz

VILAGARCÍA DE AROUSA

02 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

-Se un cese debe de ser difícil de dixerir, máis dura semella a situación da súa filla, tendo que voltar a España a medio curso...

-O club no que estaba Carlota, a Escola de Baloncesto Vilna, ofreceunos que quedara alí, ¡con todos os gastos pagos! Cando decidimos que non, pedíronnos que alomenos volte en maio para disputar a Final Four da Liga co equipo. Pero como o seu grupo de aquí, o Giraldo C.B. Infantil Feminino, está a pelexar por clasificarse para o Campionato de España por esas datas, creo que ao final tamén o imos declinar. Carlota díxome que non quería que nos quedaramos en Lituania se eu non estaba ben. Foi moi madura. En todo caso, volta a casa, coas súas amigas. E ten moi claro que se volto saír de Vilagarcía, irá comigo.

 

-Mentres non lle aparece outro destino traballo non lle ha faltar no Cebé. A Semana Santa á volta da esquina, e a VBC.

-O único que vou facer na VBC é axudar, nun plano secundario. O club funciona perfectamente sen min. E axudarei nos adestramentos do club. Se todo o mundo está empurrando, son o primeiro que ten que dar exemplo.

-Arredor de 700 rapaces formándose no baloncesto nas canteiras de Vilagarcía, e o equipo sénior masculino de referencia, na Primeira Autonómica. Unha situación rechamante, ¿non?

-¡Bufff...! Vilagarcía é por tradición o motor do baloncesto en Arousa. Cambados, O Grove, A Illa, Pontecesures tamén traballan ben. O Xuven está a facer un labor fantástico. Pero unha cidade coma Vilagarcía debería ter como mínimo un equipo en LEB Prata. É o que merecen todos os seus clubs e o seu pobo. Se hai alguén valente, a cidade dá para iso. Ao mellor se entre todos empurramos podemos ter ese equipo.

-¿É vostede ese valente?

-Neste momento o meu horizonte non é ese, non o teño na cabeza.