Ñajo Padín tivo que substituír a Fernando no equipo cambadés, segundo na clasificación
17 ene 2017 . Actualizado a las 05:05 h.Por idénticos 4-2 venceron esta pasada fin de semana o Establecimientos Otero e o Vilagarcía Cocinas Bulthaup o seu rival en común, o C.T.M. Progreso. Un equipo que iniciou a súa axenda o sábado pola tarde na cancha da capital arousá.
Con Pedro Castro coma terceiro xogador, o Vilagarcía Cocinas Bulthaup arrincou cun contundente 3-0 de Sergei Nigeruk sobre Jorge Jiménez. O visitante Pedro López superou despois a Pedro Castro por idéntico marcador. Pero os dous homes de referencia do cadro local en ausencia de Ramón Mampel sentenciaron con tres puntos encadeados. Andrés Guillermo Correa cun 3-1 a Gherasim Diamandi, Nigeruk cun 3-0 a López, e, de novo Correa, cun 3-2 fronte a Jiménez. Diamandi deu boa conta, 0-3, de Pedro Castro.
O E. Otero atopouse na mañá do domingo con que Fernando Padín non conseguira recuperarse a tempo da tendinite no seu ombreiro dereito. O substituto do canteirán quedou en familia, e foi o adestrador/xogador Ñajo Padín quen ocupou a súa vacante. Rafael Taboada superou 3-2 a Diamandi, e Guillermo Sánchez 3-1 a Jiménez. Cun 2-0, Ñajo Padín pelexou con Pedro López, cedendo só por un axustado 2-3. Taboada ampliaba a vantaxe cambadesa a costa de Jiménez, 3-0, e Diamandi sumaba o segundo punto visitante fronte a Ñajo Padín cun 0-3, para ver despois a Sánchez pechar o choque endosándolle un 3-0 a López.
Con estes marcadores o E. Otero é segundo na clasificación con 16 puntos, cun partido máis xogado có Irún, con 18, e có San Sebastián de los Reyes, con 14, e dous máis có Vilagarcía, cuarto con 12.