«Isto está sendo incrible, pero o iogur de vainilla é insuperable»

La Voz

VILAGARCÍA DE AROUSA

15 oct 2016 . Actualizado a las 09:28 h.

Son estes días de moito traxín na fábrica de Larsa en Vilagarcía. Especialmente para Sabela Oca, a súa responsable de Calidade, que non deixa de conceder entrevistas.

-Semella arriscado lanzarse cun sabor tan arraigado.

-Si, pero sobre todo porque non hai referencias coas que compararte. Non hai un sabor contra o que testar. Dito isto, lembrar que hai tempo que innovamos con sabores coma cereixa, kiwi, figo ou abelá.

-¿Podemos falar da receita?

-Podemos falar de que é un produto natural, só leite galego e cultivos, nada de espesantes nin xelatinas, sen elementos alcohólicos, que se integra na nosa liña de sobremesas. Tamén de que foi moi complicado acadar un equilibrio entre a acidez do iogur e o sabor a café.

-¿Sobremesa? ¿Cal é a diferenza cos iogures?

-Si, a xente pregunta por isto. As nosas sobremesas son iogures, pero con características máis coidadas, cunha textura máis suave e cremosa e un preparado de café que vai un pouco máis aló.

-E con tanto bombo ¿cre que o licor café pode superar á vainilla?

-O que está pasando co sabor de licor café é incrible, pero sinceramente o iogur de vainilla é insuperable. É como a nosa Coca Cola, algo de verdade imbatible. Aquí si hai con quen compararse e sempre saímos gañando.

-Da fórmula tampouco nin falar, claro.

-Nin falar. É segredo.

-¿E isto de botarlle unhas gotas ao iogur? ¿Que lle parece?

-En Galicia é moi tradicional botarlle unha pinga ao café... Iso é cousa da imaxinación da xente.