Os Terribles de Arousa achegan «Barrabás» ao Salón García

VILAGARCÍA DE AROUSA

<span lang= gl >Os Terribles e as súas fichaxes queceron motores onte cunha actuación no asilo</span>
Os Terribles e as súas fichaxes queceron motores onte cunha actuación no asilo . m. miser

17 may 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe???20.30???Salón García?? Entrada gratuíta???Andan Os Terribles de Arousa xa polo quinto disco. Mérito ten para unha xente que máis que Os Terribles terían que terse chamado Os Imprescindibles. Non hai festa boa na que non estean Carlos Rei e os seus compañeiros. Ou mellor dito, si nunha festa non se escoitan esas gaitas e aturuxos imprescindibles será que non paga a pena. Hoxe haberá festa no Salón García porque ata alí chegan Os Terribles con «Barrabás» debaixo do brazo. Chámase así o novo traballo desta banda vilagarciá. Un traballo que se presentará esta noite no escenario da rúa Rey Daviña e que toma o relevo do «Camiño do carro». Este foi preparado con premeditación para conmemorar o centenario do Concello de Vilagarcía e para demostrar que, contra o que se pensa nos concellos limítrofes, en Vilagarcía xa mandaba o fol moitos anos antes de Tomás. Agora, con «Barrabás», os Terribles abren as fronteiras e se expanden fora da cidade e ata da bisbarra. E para a festa desta tarde refórzanse cunhas fichaxes de luxo. Tocará ir ata alí para coñecer a ese «Barrabás» do que se fala dende hai tanto tempo.