O domingo haberá un paseo por Parafita e Raxoi
16 jul 2026 . Actualizado a las 05:00 h.A Deputación continúa esta fin de semana cos percorridos do programa +Bosques, unha iniciativa que promove o contacto directo coa natureza e permitirá ás persoas participantes gozar das vantaxes dos baños de bosques. As actividades terán lugar este sábado 18 de xullo no Río Maneses do Campo Lameiro e o domingo 19 de xullo na contorna das fervenzas de Parafita e Raxoi (Valga), e nelas participarán un total de 60 persoas. As fervenzas configuran unha ruta a través de densos bosques de ribeira e pasarelas de madeira, con fervenzas, antigos muíños restaurados e un tapiz de vexetación exuberante. Pola súa banda, a contorna do río Maneses presenta unha rica vexetación autóctona de ribeira, con salgueiros, carballos, loureiros e fentos.