O novo sinal pretende mellorar a seguridade viaria na N-550
03 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Neste comezo de ano entrou en servizo o novo paso de peóns sinalizado por semáforos na N-550 en Pontevalga, xusto fronte ao Concello, un punto no que ata agora ducias de persoas ao día cruzaban a estrada nacional de xeito irregular para realizar trámites nas oficinas municipais. Ademais, tamén se reforzou a iluminación no lugar para mellorar a visibilidade, especialmente de noite.Dende o goberno local pídese a todos os veciños que, pola súa seguridade, empreguen correctamente este novo paso de peóns e eviten atravesar de xeito irregular a estrada. Deste xeito poderanse evitar accidentes neste punto da N-550, polo que circulan milleiros de vehículos.