Última hora
Noelia muere tras casi dos años de batalla legal contra su eutanasia

Os músicos de Valga ofrecerán o domingo 4 o Concerto de Reis

La Voz VALGA / LA VOZ

VALGA

A cita será no auditorio municipal de Cordeiro, a partir das sete da tarde

28 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O vindeiro domingo, día 4 de xaneiro, ás sete da tarde, o auditorio de Cordeiro, en Valga, acollerá o concerto de Reis da banda e da orquestra desta localidade do Baixo Ulla, dirixidas por Manuel Villar. Estas formacións estarán acompañadas desta volta pola coral polifónica Santa Comba, baixo a dirección neste caso de Manuel López Castro. O concerto será gratuíto e forma parte das actividades de Nadal organizadas dende o Concello de Valga.