O goberno local de Valga rexeita achegarlles máis cartos ás comisións de festas

La Voz VALGA / LA VOZ

VALGA

Martina Miser

Trátase dunha moción presentada polo grupo municipal nacionalista no pleno do pasado 6 de outubro

09 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O grupo local do BNG de Valga presentou no pleno municipal do pasado luns tres propostas que non chegaron a bo porto pola negativa dos concelleiros do PP, que son maioría na sala.

Entre esas propostas atopábanse o acondicionamento como aparcadoiro dunha parcela de titularidade municipal na rúa Nova, a adaptación como parque público da carballeira do Campo en Xanza e o aumento das achegas municipais as comisións de festas e asociacións culturais.

Segundo Fran Devesa, voceiro dos nacionalistas, o Concello de Valga vén concedendo a mesma cantidade de axudas —300 euros— ás comisións de festas dende o ano 2015, a pesar do encarecemento dos prezos durante a última década.

Devesa lamenta que o goberno municipal «non recoñeza o labor das comisións de festas e a importancia das celebracións tradicionais no calendario cultural de Valga».