O «Agosto Gastronómico» reuniu 275 quilos de alimentos para os servizos sociais
VALGA
A cifra supera en máis de 50 os quilos obtidos o ano anterior coa iniciativa solidaria
02 sep 2025 . Actualizado a las 10:43 h.As actividades organizadas polo Concello de Valga na quinta edición da súa iniciativa Agosto Gastronómico permitiu reunir 275 quilogramos de alimentos que irán destinados a axudar ás familias en situación de vulnerabilidade. A cifra supera en máis de 50 o número de quilos conseguidos o ano anterior.
O material foi froito das entregas que os participantes nos obradoiros e diferentes actividades gastronómicas organizadas polo Concello ao longo do pasado mes debían facer a cambio de poder gozar das mesmas, polas que non se cobraba entrada. Produtos alimenticios, preferiblemente non perecedoiros, ou de hixiene era o material solicitado aos interesados no programa Agosto Gastronómico.
Todo o reunido será clasificado e almacenado agora polo departamento municipal de Servizos Sociais de Valga, que se encargará do seu reparto entre as familias sen recursos e en situación ou risco de exclusión.