A Festa da Anguía e Mostra da Caña do País de Valga xa ten os novos galardoados
VALGA
Otorgaron os premios dos concursos gastronómicos, o Embelecer Valga e a Anguía Chef
31 ago 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A última edición da Festa da Anguía e Mostra da Caña do País de Valga remata cunha programación que promete deixar un bo sabor de boca. Co anuncio dos gañadores dos certames gastronómicos de caña e tapa, tamén informaron dos beneficiarios dos vales de compra, os premiados no concurso Embelecer Valga e o Anguía Chef.
Por unha banda, no ámbito culinario o voto do público coincidiu coa decisión do xurado: mantendo o primeiro posto o Café-Bar O Pontellón volve a quedar vitorioso na Ruta Tapa da Anguía. Baixo o nome de Bombón Pontellón, a croqueta de anguía rebozada en pasta kataife sobre chutney de mazá, conquisto os padais e recolleu o Mandil de Ouro. A prata foi obtida por Café-Pub Pirata e o bronce polo Bar Pardal. Tamén destacaron ao cociñeiro Jorge Oliveira Riveiro que coa súa preparación do espeto de anguía bañado cun xarope de caña tostada e menta, coroouse como o Anguía Chef.
Pola outra banda, no concernente á Caña do País establecéronse dous gañadores por cada unha das categorías. Ao respecto ao licor branco, o premio máximo de 500 euros foi para Antonio Rodríguez García (do Casal de Eirigo) e, o segundo foi para José Ángel Barros Busto (Campo). Na de herbas, Josefina Santiago Figueira (Senín) levou o primeiro posto e 300 euros, mentres que o trofeo e o diploma o recibiu José Manuel Rodríguez Cerneira (Coto). Este último foi o produtor distinguido entre os da caña tostada, percibindo 300 euros. Seguido del, o outro premio se lle outorgou a Jorge Rodríguez Blanco, do mesmo establecemento.
Hoxe das 12 ás 15 horas é a última oportunidade para degustar todas as tapas participantes, despedir a festa ata o próximo ano e comezar coa conta atrás.