Valga busca a parroquia que mellor cociña do Concello no seu concurso Anguía Chef

hugo portela / r.e. VALGA / LA VOZ

VALGA

cedida

O prazo de inscrición para os equipos participantes abrirá mañá

31 jul 2023 . Actualizado a las 17:58 h.

O concurso interparroquial de cociña de Valga desenvolverase no Parque Irmáns Dios Mosquera entre o xoves 17 e o venres 18 de agosto, cando será a proba final na que se decidirá o gañador. A participación máxima é de cinco grupos, un de cada parrroquia do municipio. Os equipos enfrontaranse a probas eliminatorias e competirán para clasificarse a unha proba final e acadar o título de ser os mellores cociñeiros de anguía. Os equipos deben estar compostos por catro persoas de calquer idade e só se admitirá un equipo de cada parroquia por orde de inscrición. De anotarse máis, os outros quedarán en lista de espera por se non se completaran todas as prazas.

As follas de inscrición xa poden descargarse da páxina web oficial https://www.valga.gal/atencion-cidada/impresos-solicitudes ou recollerse en papel nas oficinas do concello. Deben ser entregadas no rexistro debidamente cubertas ata o día 11 de agosto.