Clases de baile en Valga

La Voz VALGA

VALGA

MONICA IRAGO

O taller celebrarase este sábado na cada da cultura

16 sep 2022 . Actualizado a las 10:23 h.

A casa da cultura de Valga acollerá este sábado un obradoiro de baile gratuíto promovido pola asociación cultural Taller Alecrín, coa colaboración do Concello. Esta iniciativa pretende difundir e promocionar o baile como actividade que fomente os hábitos saudables, tanto a nivel individual como de parella.

O taller «Baila con nós» terá lugar a partir das 20 horas e dividirase en dúas modalidades: Linedance, de práctica individual, indicado para persoas que queiran ter unha toma de contacto cos diferentes ritmos de baile, tanto latinos coma modernos; e bailes de Salón, modalidade encamiñada á práctica en parella. Francisco Muñiz será o encargado de dirixir ambos obradoiros.

As persoas interesadas poden obter máis información a través do teléfono 698 150 432 ou do correo electrónico talleralecrin@gmail.com.