Valga programa para o 9 de outubro unha nova saída do plan Goza do Ulla

La Voz VALGA / LA VOZ

VALGA

CEDIDA

O período para anotarse pecharase o mércores 5 de outubro

07 sep 2022 . Actualizado a las 22:09 h.

O Concello de Valga abriu o prazo de inscrición na ruta de sendeirismo Vista panorámica do val do Ulla que terá lugar o 9 de outubro dentro do programa Goza do Ulla, co que se quere poñer en valor e promocionar o patrimonio natural e cultural dos territorios bañados polas augas deste río.

O período para anotarse pecharase o mércores 5 de outubro ás 15 horas e o trámite pode realizarse nas oficinas do Concello ou a través do correo electrónico turismo@valga.gal, a onde debe enviarse a ficha de inscrición que pode descargarse na páxina web municipal.

«Vistas do Ulla e afluentes» é o nome do percorrido circular de dificultade media/alta e 12 quilómetros de lonxitude deseñado polo Concello para esta ocasión. Discorrerá por algunhas das zonas máis elevadas de Valga, pasa Casal de Eirigo, por Parafita e Raxoi, entre outros enclaves do municipio.