Valga saca a contratación a súa segunda pista de pádel

La Voz VALGA / LA VOZ

VALGA

CEDIDA

Estará ubicada na zona deportiva de Cordeiro

06 ene 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello sacou a contratación a construción dunha nova infraestrutura deportiva: unha pista de pádel a construír no entorno do pavillón de Cordeiro. A obra suporá un investimento de 48.400 euros na creación desta instalación, que terá unhas dimensións de vinte por dez metros e estará formada por unha estrutura de postes de aceiro, vidro temperado, céspede artificial, rede de nailon con tensor, farois parabólicos, focos led e cuberta a unha auga de chapa simple. E a segunda pista de pádel de Valga.