Valga inaugurará o Belén en movemento este domingo

La Voz VALGA / LA VOZ

VALGA

MONICA IRAGO

Este Nadal conmemórase o 25 aniversario do Nacemento artesanal en movemento

04 dic 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A inauguración do Belén Artesanal en Movemento, que marca o inicio do Nadal en Valga, producirase o vindeiro domingo. Arrancará pasado mañá unha das edicións máis especiais do nacemento, porque é a do seu 25 aniversario. E tamén polas circunstancias sanitarias que obrigan a tomar medidas de prevención.

O acto inaugural terá lugar ás cinco e media da tarde e contará coa presenza do alcalde, José María Bello Maneiro, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e os integrantes da asociación Amigos do Belén. O acto non será con público debido á necesidade de respectar a distancia de seguridade.

Despois será cando o nacemento comece a recibir visitas, sempre baixo estritas medidas de seguridade e coa premisa de evitar aglomeracións. Será obrigatorio o uso da máscara e respectar sempre a distancia de seguridade. É aconsellable acudir a velo en grupos reducidos.