Tratase dun plan de climatización e eficiencia enerxética
21 ago 2020 . Actualizado a las 05:00 h.A empresa Instalaciones Nurmel S.L., de Valga vén de ser elixida como a adxudicataria das obras de mellora da climatización e eficiencia térmica no edificio de usos administrativos do Concello de Valga. A actuación deberá dar servizo á primeira planta, na que se atopa a biblioteca, e ao baixo cuberta, destinado ás funcións de arquivo municipal.
Este proxecto de climatización é continuación dos traballos que se executaron o pasado ano na planta baixa do inmoble. Nela xa prestan servizo a Policía Local de Valga, o xulgado de paz e a emisora de radio local.
Segundo explica o Concello de Valga a través dun comunicado de prensa, instalouse unha bomba de calor aire-agua e de varios «fancoils de cassette» de dous tubos nas distintas dependencias da planta baixa. Trátase, explican dende o goberno local, duns dispositivos que van colocados no teito e que están formados por unha batería de intercambio de frío e calor e un ventilador. Os traballos complétanse coa instalación das correspondentes válvulas, reixas e un termostato.
Con este novo proxecto, complétase o sistema de climatización do edificio coa colocación dun recuperador de calor e de fancoils de cassette de baixo consumo enerxético na biblioteca e no arquivo. Xunto con isto, tamén se instalarán en ambas plantas os condutos de ventilación necesarios e executarase un tabique de bloque cerámico de termoarxila para illar a sala de máquinas.
As obras contan cun orzamento de 97.452, que se financian a través dun convenio asinado polo Concello de Valga e a Vicepresidencia da Xunta de Galicia.