vento da travesía avelino ochoa
Despois de asaltar de mañá a Casa da Fonte para eliminar documentos, as patrullas veciñais deixaron retornar ao capitán de Valga de San Martiño do Grove sabedores de que, afouto, non fuxía para fóra e que, por protexerse, convidara a cear na Casa ao cura Pedro Mareque, que non ía ir, e ao vicecura, Benito Sartajes, que asistiría. Os dous clérigos estaban moi vinculados á freguesía. O párroco era pai de Domingo Antonio Mareque Soutullo, nado en 1701, fillo de María de Soutullo e trouxera de Conxo a un sobriño, Juan de Mareque Suárez, casado na parroquia e debedor de foros. Durante a revolta este cura barregán e cómplice mantívose á sombra e nos intres de presión xudicial, polo si ou polo non, fuxiu a Santiago cos seus. Foi soterrado en 1728 debaixo do altar da igrexa de Adro Vello, no oco do Norte. Nas escavacións dese xacemento non se fixo caso del, nin dos demais protagonistas desta historia alí sepultados. O vicecura Sartajes, de Castrelo, ese 1717 tamén fora pai de Isabel Sartajes García, cunha moza do lugar. Malia tanta relación, a Igrexa mantiña demandas por dezmos contra a veciñanza. Asistiron á cea na Casa Torre da Fonte o anfitrión, José Andrés Sánchez Portocarrero, tan ben relacionado, expeditivo, ousado e orgulloso; José de la Yglessya, escribán de Padrón; o seu auxiliar, Juan Antonio de Seoane, de 16 anos; Andrés de Carvallido, que soportara preso o asalto desa mañá e Benito Sartajes, o vicecura, teatral e ampuloso. Para beber, viño subministrado por Teresa García, de vinte e cinco anos, desde a taberna da Granxa, a carón da Casa e quen, a pesar de que serviu ata a madrugada, non lembrou, nin oíu, nin soubo nada. O menú: polbo, lagostas e peixe que trouxera o capitán nas alforxas desde San Martiño. El mesmo contou moi ben o ocorrido: «que serían las nueve de la noche, llegaron los acusados y otros confederados suyos a la puerta de dicha casa que según el rruido y boces que davan serían cien hombres y algunas mugeres y con grande alborotto dijeron se abriere la puerta o avían de quemar a los que estavan dentro prorumpiendo en boces ynjuriosas según se les anttojava y como no se mandara abrir por el rriesgo que amenazavan, rompieron todas las puertas y ventanas con palos de jerro que llebavan de propositto para este efectto, tirando piedras a toda la cassa y techo della y luego se entraron denttro de la referida cassa y llebaron por fuerza al eclesiástico para fuera della para que no estuviese en nuestra compañía diciendo nos avían de matar allí y aunque les pedí dejasen dicho eclesiástico para que nos confesase ya que nos avían de matar, me rrespondieron que las confesiones las aríamos en los infiernos y que la sepultura sería en la mar por estar ynmediata aquella feligresía y villa del Grove estar en una ysla cerrada y solo se entra en ella por una garganta de tierra mui estrecha a modo de cavo de sartén. Y conociendo dicho lizenciado Sarttajes el apuro en que nos allabamos, les a pedido encarecidamente que le dejasen y pidiesen lo que quisiesen que quería morir conmigo lo que no le quisieron conceder» A noite viña tensa.