O Concello de Valga abre o prazo para participar no concurso de beléns

La Voz LA VOZ | VILAGARCÍA

VALGA

? Concello de Valga convoca un ano máis, e van cinco, o concurso de beléns dirixido a particulares, comercios ou entidades. Os interesados teñen de prazo para inscribirse ata o 22 de decembro. O xurado visitará os beléns do domingo 31 de decembro e entregará os premios o 6 de xaneiro, coincidindo coa Cabalgata de Reis. O Concello establece tres premios para os tres mellores beléns e agasallará a todos os participantes. Entre as actividades organizadas polo Concello para o Nadal inclúense un concurso de taboleiros artesanais e un campionato de parchís. No primeiro caso, a convocatoria vai dirixida a todas as idades, en modalidades individual e grupo. A técnica é libre e o xurado terá en conta a creatividade, os materiais empregados, a calidade das pezas e a xogabilidade. O prazo para inscribirse conclúe o 26 de decembro. No caso do campionato de parchís, o día 23.