A cita é este sábado ás 21.30 horas e con ela arrinca a programación cultural do outono
25 oct 2023 . Actualizado a las 14:54 h.O Concello de Ribadumia estrea a súa programación de outono/inverno no auditorio ofrecendo cada semana propostas teatrais, humorísticas, musicais ou audiovisuais para público familiar.
O programa arrinca este sábado ás 21.30 horas cun tributo a Joaquín Sabina da man do grupo Conductores Suicidas. As entradas poderanse adquirir a través de www.entradium.com a 18 euros e en taquilla terán un custe de 22 euros.