A directiva do club aurinegro amosa a súa satisfacción polo traballo dos homes de David Sierra pese a súa delicada posición
06 ene 2016 . Actualizado a las 13:21 h.Cuarto pola cola da táboa con 17 puntos, e cun empate en campo propio co primeiro equipo en zona de permanencia, o Galicia Mugardos, como derradeiro marcador da primeira volta. Con este panorama no ecuador da Liga da Terceira División moitos son os equipos que acompañarían o seu balance da situación coa inminente posta en marcha dun paquete de cambios para reverter a situación. Comezando pola titularidade do banquiño. Non é o caso do C.D. Ribadumia. Nin moito menos.
Recoñecendo en primeira instancia o obvio, que «no referente á clasificación, o balance é negativo», o presidente do club aurinegro, Alberto Vázquez, quedábase onte con que «o comportamento do equipo é de 10, de 10». E máis que co défice de veteranía, que tantos puntos lle custou ao C.D. Ribadumia en forma de erros garrafais nos derradeiros minutos de tantos partidos, o mandatario subliña «a falta de sorte, e que tampouco nos acompañaron as arbitraxes».
Neste senso, tomou como exemplo a do pasado domingo, e a expulsión xa no tempo suplementario de Miguel Vázquez nunha acción na que «os propios rivais din que nin houbo falta». De aí a intención do club de recurrir a tarxeta ao central.
O técnico aurinegro elude entrar na polémica arbitral, se ben lembra que «nos hemos quedado con 9 dos veces esta temporada, y con 10 varias más». Ao que engade que «el Ribadumia tiene solo tres tarjetas por protestar». Para David Sierra o seu conxunto ten «menos puntos de los que deberíamos por nuestro rendimiento sobre el campo».