O Concello de Cesures aborda a mellora dos accesos ao lugar de Grobas

La Voz PONTECESURES / LA VOZ

PONTECESURES

MARTINA MISER

Trátase dunha actuación integral da pista no tramo que se atopa en peor estado

07 oct 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Pontecesures está executando obras de mellora do camiño a Grobas. Trátase dunha actuación integral da pista no tramo que se atopa en peor estado, que é o que vai desde o inicio do mesmo na PO-214, ata o lugar de Grobas. Actualmente os camiño contan cun pavimento de aglomerado asfáltico e o firme atópase bastante deteriorado polo intenso uso e pola forte pendente, segundo explica o Concello. «O viario necesita, ademais dunha renovación da súa capa de rodadura, unha limpeza de marxes». Por iso, as obras elixidas para a mellora da vía consisten precisamente no adecentamento das marxes, no fresado do aglomerado, no varrido e na aplicación dunha nova capa de rodamento, coa correspondente sinalización horizontal.

A obra será executada por Nemesio Ordóñez por 30.960 euros, que serán financiados pola Xunta de Galicia a través do Agader e pola Deputación de Pontevedra.