O PG implanta novas ferramentas telemáticas para o contacto directo coa cidadanía

La Voz O GROVE / LA VOZ

O GROVE

Os galeguistas mantiveron un encontro no Grove

09 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O PG celebrou este sábado no Hotel Mar del Norte, de O Grove, un acto no que se abordaron cuestións clave para o futuro, e que tiña como obxectivo priorizar a participación cidadá. Por iso, ademais de compartir inquedanzas e fomentar unha escoita activa, o encontro serviu para presentar novas ferramentas telemáticas, entre as que destacan unha web, redes socias oficiais e unha sede en liña, deseñadas para facilitar o contacto coa sociedade. A estratexia, maquetación e deseño foron elaboradas por David Martínez, das Xuventudes Galeguistas. A súa participación reflicte «unha clara aposta pola incoporación dunha nova ola xeracional de talentos ao servizo do pobo galego».