O Grove pechará o aparcamento de Entrehortas dez días

La Voz O GROVE / LA VOZ

O GROVE

MARTINA MISER

Non será o único peche ao tráfico que sufrirá estes días a localidade, xa que o plan de asfaltados continúa a partir do martes 20 nas rúas Pombal e Conricado ata a Vilavella

19 may 2025 . Actualizado a las 21:22 h.

O Grove pechará ao tráfico dende este domingo o aparcamento de Entrehortas dada a necesidade de formigonar o seu acceso. O peche será necesario para garantir o secado, polo que non se poderá utilizar o parking ata o 1 de xuño. Tratase dunha actuación enmarcada no plan de mellora e humanización da rúa Entrehortas, na que foron renovados os servizos de abastecemento de auga e se reformou o vial pensando en darlle prioridade aos peóns e uso rodado tan só de residentes.

Non será o único peche ao tráfico que sufrirá estes días a localidade, xa que o plan de asfaltados continúa a partir do martes 20 nas rúas Pombal e Conricado ata a Vilavella. Por mor destes traballos, o acceso ao centro de saúde, o IES Monte da Vila e os espazos deportivos, frase pola rúa Bouzas, tanto de baixada como de subida. O transporte escolar verase tamén afectado, e por este motivo os autobuses farán para entre as rúas Castelao e Bouzas para que o alumnado acceda a pé ao centro educativo. Ademais, o Concello traballa xa no levantamento de arquetas e pintado das novas áreas asfaltadas.