«Os políticos temos unha débeda con este pobo»

a. garrido / s. gonzález O GROVE / LA VOZ

O GROVE

MONICA IRAGO

Durante varios mandatos, o PGD foi definitorio no Grove; o candidato quere recuperar esa posición no pleno

11 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O proxecto do Partido Galeguista Demócrata renovouse coa substitución de Fredi Bea por Félix Lamas como concelleiro. Agora, este proceso culmina coa chegada de Lamas ao número un da candidatura coa que o PGD enfronta as municipais no Grove.

-Se vostede collese o bastón de mando logo do 26M, que é o que faría sen tardanza dende a alcaldía do Grove?

-Cubrir as moitas prazas vacantes e dar estabilidade á plantilla de traballadores e traballadoras do Concello. Tamén ofrecer os servizos que se merecen os nosos veciños e veciñas.

-Unha cuestión fundamental, que no Grove atravesa mandatos enteiros, é a aprobación do PXOM. Como ve este proceso?

-Os membros da clase política do Grove temos unha débeda cos nosos veciños e veciñas, que é dotar O Grove dun PXOM que marque o futuro do noso pobo e dea seguridade xurídica aos veciños e veciñas. Canto antes paguemos esta débeda, mellor para todos.

-Que nos di das infraestruturas que faltan e son unha débeda histórica para esta vila? ¿Cal serían prioritarias para o PGD?

-Unha vez encauzadas, grazas ao apoio do PGD, infraestruturas como o centro de día e o auditorio, que non están en marcha pola falla de xestión do goberno. A débeda histórica que ten a Xunta no Grove e un centro de saúde que cumpra coas necesidades do noso pobo.

«Canto antes paguemos esa débeda, que é o PXOM, será mellor para todos»