Será este domingo, cun espectáculo para todos os públicos a partir dos 12 anos
17 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Isabel Risco, unha das cómicas con máis talento do panorama actoral galego, fará parada este domingo en Meis co seu espectáculo «Bravas, a nosa historia, con saias e a rachar». Unha particular visión das mulleres galegas, durante centos de anos agochadas e invisibilizadas. A actuación está programada para este domingo, día 21, desde as 19.30 horas no centro multiusos do Mosteiro, dirixida a todos os públicos a partir dos 12 anos.