
Será este sábado, ás 11.30 horas, diante do centro de saúde
07 may 2025 . Actualizado a las 15:19 h.O BNG de Meaño convoca unha concentración para este sábado (11.30 horas) diante do centro de saúde de Dema para protestar pola falta de médico de atención primaria. O acto contará coa presenza da deputada do Parlamento Galego, Montse Prado, e da voceira de SOS Sanidade, Ana Belén Fernández. Os nacionalistas afirman que a falta de médico en Dena está a provocar que os pacientes sexan derivados ao centro de saúde de Meaño.
«O día 23 de abril o BNG xa manifestara que non se daban citas para os seguintes 15 días, agora xa é imposible concertala», sinalan mentres falan de «desmantelamento por sistema da sanidade pública en mans do PP na Xunta de Galiza», engade o Bloque.