Cambados ofrece cursos de formación dixital de balde para escolares entre sete e dezasete anos
CAMBADOS
As clases levaranse a cabo na biblioteca municipal durante as semanas de vacacións de Nadal
02 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A concellería de Cultura e Ensino de Cambados, encabezada por Liso González, vén de presentar un curso de formación de balde en competencias dixitais pensado para rapaces e rapazas entre os sete e os dezasete anos de idade. Estes obradoiros instruirán acerca de cuestións relacionadas co deseño dixital, videoxogos, e uso das tecnoloxías e as redes sociais de xeito seguro, unha cuestión cada día máis importante para unha xeración que medra, traballa e se forma conectada en todo momento a internet.
Os obradoiros levaranse a cabo na biblioteca municipal Luis Rei entre os días 22 de decembro e 7 de xaneiro en horario de mañá, coincidindo coas vacación escolares de Nadal, «para incentivar a manter os hábitos de traballo», segundo o tenente de alcalde. Na biblioteca poden resolverse tódalas dúbidas respectivas ao programa e realizar tamén a inscrición.