Limpiarousa volve dar exemplo limpando as praias
01 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Grazas á iniciativa de Limpiarousa e Surfrider Fundation, o litoral da ría está un pouco máis limpo desde esta fin de semana. Baixo o proxecto «Colillatón 25» estanse recollendo cabichas en varios puntos da comarca. O venres retiráronse 1.890 nunha hora en Carril e o sábado a batida foi, pola mañá, no piñeiral da praia da Concha (Vilagarcía) e pola tarde, en Cambados. Un traballo que non se paga, pero que non ten prezo.