Obradoiro de rap improvisado en galego

s. g.

CAMBADOS

cedida

#CeibaRimas fará parada no Grove e en Cambados

21 ago 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Mércores, 26 de agosto • Parque de Torrado • Cambados • O proxecto #CeibaRimas, que fomenta o emprego do galego na improvisación rapeira a través de obradoiros e competicións, chega a semana que vén a Cambados. Frank, compoñente do grupo Rebeliom do Inframundo, impartirá un seminario que achegará aos participantes as ferramentas básicas para se iniciar nesta particular arte. O obradoiro desenvolverase de 19 a 21 horas, con quince prazas dispoñibles, e esixirá inscrición na web www,ceibarimas.gal ou no teléfono do Concello: 986 520 902.