Carril lembrará as súas músicas

CAMBADOS

Martina Miser

Os escolares de Vilagarcían fanlle unha homenaxe a Antón Fraguas

16 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A axenda das Letras Galegas na comarca prosegue chea de actos. Hoxe hai varios focos de atención. Este mediodía en Vilagarcía os escolares faranlle unha homenaxe a Antón Fraguas; en Cambados e en Valga botarán a andar cadansúa carreira escolar; en Meaño haberá espectáculos nos centros de ensino; en Catoira entregan os premios do certame literario escolar e no Grove e Meis terán contacontos. Mañá será o prato forte, cunha ampla oferta musical: Luar na Lubre en Ribadumia; o festival Escoitame e o concerto da Banda de Castrelo en Cambados; a Duendeneta encherá de sons galegos a rúa A Baldosa e Valentín Viqueira de Vilagarcía e antes, á una da tarde, a cita está en Carril, onde se vai celebrar o concerto moi especial.

Baixo o título «Galicia Fermosa», Son do Carril interpretará obras do músico carrilexo, Juan Vidal Lemiña, fundador do coro Alento Xoven e da coral de Fontecarmoa. Vintecinco anos despois do seu falecemento, o seu fillo Pablo acadou a colaboración da concellería de Cultura para editar a súa obra nun libro-cedé e mañá en Carril (13 horas) haberá un concerto que permitirá lembrar e gozar coas vellas cancións de Charli, como se lle coñece no eido artístico, aquelas que cantaban a Galicia cando emigrou ao País Vasco. Para o ocasión xuntáronse membros da antiga Alento Xoven e cantarán Clara Pino, Josito Porto, Gaspar González Somoza, Yolanda Vázquez, Félix Sapoconcho, Lucia Vidal y José Santana.

Máis citas

A música chegará tamén a o auditorio de Valga co concerto da banda pola tarde; ao Grove, pola mañá na rúa Castelao e pola tarde no Corgo, e pola noite a Vilanova, onde estrean o auditorio ao aire libre do Terrón cunha «jam session». Non haberá tempo para aburrirse. As letras galegas lévanse ben coa música, pero tamén coa gastronomía e mesmo co mar e o deporte: Yayo Daporta cociñará mañá unha paella en Fefiñáns, as dornas navegarán na Illa e as bicicletas tomarán Ribadumia. Ata daquela, as actividades céntrase nos centros de ensino con festivais ou inaugurando unha biblioteca, como ocorreu onte no CEIP de Rubiáns. Nos colexios e institutos de Cambados celebraron a festa dedicada a Antón Fraguas con charlas, obradoiros e unha exposición que achegou aos alumnos moitos aspectos da cultura popular e no Grove aproveitaron esta data para conmemorar o 50 aniversario do Rosalía de Castro.

Son do Carril cantará a Charli. Juan Vidal Lemiña, coñecido como Charli no mundo da canción, finou en 1994, pero a súa música segue viva. De recapitulala encargouse o seu fillo Pablo Vidal nun libro-cedé editado polo Concello de Vilagarcía. Mañá en Carril (13 horas) poderase escoitar un avance na voz do coro Son do Carril, formado para a ocasión, e varios artistas invitados. A cita promete.

Son do Carril cantará a Charli. Juan Vidal Lemiña, coñecido como Charli no mundo da canción, finou en 1994, pero a súa música segue viva. De recapitulala encargouse o seu fillo Pablo Vidal nun libro-cedé editado polo Concello de Vilagarcía. Mañá en Carril (13 horas) poderase escoitar un avance na voz do coro Son do Carril, formado para a ocasión, e varios artistas invitados. A cita promete.