O programa «Tempo de saúde» chega ao IES Asorey

La Voz

CAMBADOS

CEDIDA

Hoxe, desde as 10.45 horas, coa  deputada Digna Rivas e co doutor Enrique Carlos Marra-López Moreno

07 nov 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 10.45 horas • Instituto Francisco Asorey (Cambados) • A Deputación de Pontevedra leva ao IES Francisco Asorey de Cambados unha nova charla do ciclo «Tempo de saúde», que ofrece unha serie de conferencias e coloquios sobre saúde, en colaboración co Colexio Oficial de Médicos. Á cita desta mañá acudirán a deputada Digna Rivas e o doutor Enrique Carlos Marra-López Moreno, que falará sobre nutrición e a saúde. «Tempo de saúde» é unha iniciativa consistente en accións formativas sobre saúde, unhas dirixidas ás persoas maiores e outras á xuventude. Estase desenvolvendo de maneira piloto en 22 concellos da provincia, pero o obxectivo é estendelo a todos os municipios pontevedreses, segundo informan desde a institución provincial.