Will voa a Inglaterra e o Xuven agarda pechar hoxe o reforzo

Pablo Penedo Vázquez
pablo penedo VILAGARCÍA / LA VOZ

CAMBADOS

MONICA IRAGO

O á-pívot incorpórase á súa selección na nova fiestra FIBA, o que acelera a urxencia do recambio de Gerard ante o Navarra

20 feb 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O Xuven Cambados comezaba onte preparar o seu vindeiro partido de Liga de LEB Prata, o venres na cancha dun Basket Navarra sétimo na clasificación con tres vitorias máis có cadro galego. Fíxoo comezando a traballar como poder gañar o seu vindeiro encontro sen a participación do seu baluarte ofensivo, Will Saunders, que o domingo, un día despois da derrota a mans do Ávila Auténtica no Pavillón Municipal do Pombal, partía cara Gran Bretaña para incorporarse por segunda vez na tempada á súa selección. Con visita ao combinado nacional de Israel o venres, e desprazamento dous días despois a Grecia. Toda unha paliza antes de regresar a un Xuven Cambados que debe prescindir do seu xogador franquicia coa volta á zona de descenso ameazando ao final da semana.

No apartado de noticias en positivo, o adestrador do conxunto amarelo, Chiqui Barros, sabía onte cando menos que Martín Bello, que o pasado sábado se retiraba cunha aparente escordadura nun nocello, está en disposición de pasar revista diaria.

Desde o club queren darlle unha segunda boa nova ao adestrador. En principio, hoxe mesmo, coa dirección técnica confiando en pechar o recambio de Gerard Sevillano oito días despois de que o aleiro catalán se desvinculase do Xuven a fin de recuperarse da súa lesión de nocello en Barcelona, e de que o club dispuxese dun fondo económico co que poder acudir de novo ao mercado necesitado de mans como está. Máis, co Baskonia atrapando o Xuven na clasificación logo de encadear catro vitorias, e de ver como o Estremadura Plasencia se situaba a pasada fin de semana cunha de vantaxe na táboa.