Once do vinte alumnos do obradoiro conseguiron traballo nos primeros seis meses despois da formación
28 ene 2017 . Actualizado a las 13:03 h.O Servizo de Orientación Laboral do Concello de Cambados prestou servizo a 728 desempregados no exercicio 2016, destes desempregados, aproximadamente un 70% correspóndense con veciños de Cambados, xa que o servizo de orientación Laboral tamén se lle foron derivados desempregados polo SPEG doutras vilas, como foi o caso de veciños de Meaño, Meis, Ribadumia e o Grove.
Neste servizo as tarefas a desenrolar ademais de a atención individualizada a demandantes de emprego, son as de continuidade do servizo de orientación laboral, do seguimento de expedientes IPIs (Itinerario Personalizado de Inserción), colaboración na elaboración de plans formativos/inserción e obradoiros de emprego, Sistema de Garantía Xuvenil, e Información a desempregados de ofertas formativas AFD/FSE e solicitude dos cursos na comarca do Salnés, en ofertas abertas no Salnés e procesos selectivos en empresas, información sobre convocatorias e inscrición en probas de acceso a bacharelato, ciclos de FP, ESO e realización das probas de competencias clave.
Neste servizo tamén se lle estivo a realizar un seguimento aos alumnos que participaron no Obradoiro de Emprego Xuvenil “Cambados Emprego Xuvenil”, o primeiro que se realizou destas características en Cambados, realizando un seguimento con citacións e itinerarios dos participantes, como o informe de inserción dos 6 meses seguintes á finalización do Obradoiro para a Mocidade, realizado entre setembro de 2015 e marzo de 2016, cun resultado de 20 alumnos ? traballadores participantes e no que se acadaron nos primeiros seis meses un total de 11 insercións (7 homes e 4 mulleres), obtendo 1 deles contratación indefinida e os outros 10, contratos temporais.
Dentro do programa de Garantía Xuvenil a maioría dos inscritos seguen en contacto co servizo de orientación laboral do Concello de Cambados para solicitar información de cursos, obradoiros para a mocidade solicitados na convocatoria 2016, proceso de inscrición e documentación para probas libres ESO, acceso a ciclos FP, probas de competencias clave para os que non remataron secundaria, confección de curriculum vitae, axudas na creación de emails e asesoramento no manexo para contacto con empresas, enlaces de consulta ofertas e procesos selectivos, directorios de empresas e ETT´s para inscribirse, asesoramento no manexo e inscrición en portais de emprego, etc...
Por outra banda, este servizo tamén esta a colaborar na difusión e elaboración de informes e seguimento nos procesos de selección e admisión e viabilidade dos proxectos empresariais PARA O Viveiro de Empresas do Concello de Cambados, presentándose un total de 5 solicitudes de admisión e asesorando aos 4 novos emprendedores no Viveiro de Empresas de Cambados. Tamén se esta a traballar na actualización de datos para o "ficheiro de empresas" debido ó número de baixas/altas (Instalación/traslados/ampliación de novas empresas en polígonos da comarca): IAE 2016.
Dende o servizo de Orientación Laboral estase a detectar un incremento de consultas sobre vías de acceso a información de emails para ofertas de emprego público nas Administracións Autonómica e Locais: enlaces, apertura de prazos e de listas de contratación funcionarios/laborais, Plan Infoga-Seaga, Sergas, Correos, OEP Deputacións Provinciais, Eidolocal, acreditación de coñecemento de Galego,... Publicidade das OEP, consulta de boletíns oficiais, listas de admitidos, programas e medidas activas de emprego: cooperación, obradoiros, cursos AFD, e outros.
Cabe sinalar o aumento de demandantes de emprego que contactan con ETT´s da comarca do Salnés/Pontevedra pero teñen dificultade para facer a inscrición telemática nas súas webs: solicitan "axuda" ou asesoramento para facela inscrición, crear contas de emails, etc... Estase a detectar un incremento de demandantes (sobre todo menores de 30 anos) que se achegan ata o servizo de orientación por iniciativa propia - sen cita- e que son susceptibles de inscrición no Sistema de Garantía Xuvenil e iniciar un Itinerario Personalizado de Inserción; mostran alto grao de autonomía, iniciativa, busca activa e algúns, precisarían formación ocupacional, mesmo estanse a dar casos de demandantes que solicitan citas de orientación, por propia iniciativa, maioritariamente de Cambados e arredores. Como un aumento do número de persoas que solicitan nova entrevista para realizar busca activa de emprego, persoas que consultan taboleiro de ofertas, cursos, e que piden directorios de empresas para autocandidaturas, inicios de IPls, etc...
Tamén se están realizando asesoramento de mulleres que indican dispoñibilidade laboral a tempo parcial e/ou xornada partida, para conciliar a súa vida familiar e laboral e nos que o servizo de Orientación Laboral do Concello de Cambados axuda na búsquea selectiva a tempo parcial para incrementar ingresos da unidade familiar, e que se trata na meirande parte de mulleres sen actividade anterior ou que hai anos que non traballaban por conta allea. Por outra banda tamén se esta a detectar neste servizo un gran número de demandantes que indican "limitacións de dispoñibilidade", por carecer de medio de transporte propio e ter dificultades cos horarios do transporte público entre concellos da comarca do Salnés.
Xa para rematar no Servizo de Orientación laboral estase a detectar un alto índice de persoas desempregadas, que solicitan traballar (confeccionar c.v.), menores de 25 anos ou maiores de 40, con escasa formación e coñecementos informáticos e de Internet a nivel usuario, aínda que teñan PC e acceso a internet no seu domicilio, onde o servizo de Orientación Laboral do Concello de Cambados lles elabora o seu primeiro c.v., ensináselles o uso e acceso a webs de emprego de forma totalmente individualizada.