Esixente nova xornada hoxe, a terceira en oito días, para os equipos arousáns da Tercera RFEF
22 mar 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Terceiro partido en oito días nunha das semanas máis longas no grupo galego de Tercera RFEF. Unha xornada a de hoxe de altísima esixencia para os tres conxuntos arousáns na categoría.
AC Montañeros-Arousa
A continuar a espectacular xeira e a caza do Compos. Dez partidos e dez xornadas sen perder acumula o Arousa de Gonza neste 2026 na competición da regularidade. Unha serie que hoxe volverá poñer a proba coa visita matutina (12.30 horas) ao Atlético Coruña Montañeros, décimo clasificado con 34 puntos, a só tres do quinto posto con dereito a xogar a vindeira fase de ascenso. Logo de golear o mércores ao Viveiro (4-1), Gonza advertía a quen o queira escoitar da dificultade de medirse ao seu rival hoxe: «Es un equipo que hace muchas cosas bien. Te exige. Es muy dinámico, juega con mucha energía, con una mezcla de jugadores con mucha experiencia en la categoría y otros jóvenes, llegando al área contraria con mucha gente, que te aprieta alto». Por todo o anterior, o técnico do Arousa prevé os seus homes sobre a posibilidade de ter que encarar un partido aberto, «en el que pasan muchas cosas», cun Montañeros que «te exige física y mentalmente».
Céltiga-Gran Peña
A curar a ferida no Salvador Otero. Tocado quedou o xoves o Céltiga na súa visita ao Silva, cun 1-0 de todo inxusto e afastado dos méritos feitos polos de Luis Carro no partido. Hoxe, desde as 18 horas, o cadro da Illa de Arousa aspira a recuperar o quinto posto perdido tres días atrás a costa, precisamente, do equipo beneficiado do seu tropezo na Coruña, o Gran Peña. Sen Hugo, sen Álex Rodríguez nin Carlos, pero coa volta de Anxo, sancionado no anterior encontro, o adestrador do Céltiga cavilaba inda onte como refrescar o seu once titular con tantos efectivos acumulando demasiados minutos desde o domingo pasado. Sobre todo, por canto diante toca o equipo que, para Carro, é xunto ao Lugo B e ao A.C. Montañeros «los que mejor fútbol hacen de la Liga». No caso que hoxe o ocupa, «un equipo súper dinámico, con mucho potencial arriba, con muchos registros, tanto para combinar como para correr, muy bien trabajado y con una plantilla muy amplia y de muy buen nivel».
Juventud Cambados-Lugo B
Loita pola supervivencia. Tras catro meses sen gañar, ao Cambados se lle acabou o colchón, afundido na zona de descenso directo. Hoxe (17.30 horas) recibe a un dos candidatos a disputar a fase de ascenso. A receita do técnico local, Pénjamo: «Estar concentrados, mucha comunicación entre nosotros y hacer que no jueguen cómodos».