
A festa prolongarase durante todo o día e rematará coa actuación de Troula
11 may 2025 . Actualizado a las 10:21 h.A Illa volve mirar ao mar para celebrar o Día das Letras Galegas. O día 17 terá lugar unha nova entrega de «As letras no mar» organizada pola Escola de Navegación Tradicional ACD Dorna e a Sección de Música e Baile Tradicional.
A festa comezará ás 12 horas cun pasarrúas desde a Escola de Pau ata a praza do Regueiro, onde haberá unha actuación para seguir coa música ata o Xufre para a lectura do pregón e a botadura das embarcacións.
Pola tarde, a partir das 18 horas, haberá outro pasarrúas desde a Escola de Pau ata o Regueiro onde Troula ofrecerá o espectáculo Circo Krasnovarak Haberá agasallos para os cativos e cantos populares do grupo de música de Dorna.