Martina Miser
O instituto súmase ao proxecto Galicia Nomeada para a recollida e documentación da toponimia da comunidad
03 may 2022 . Actualizado a las 09:40 h.
O IES da Illa de Arousa súmase ao proxecto Galicia Nomeada para a recollida e documentación da toponimia da comunidade. Baixo a coordinación do departamento de Lingua galega e Literatura, o alumnado iniciou o traballo para recompilar e xeolocalizar os nomes de lugares, tanto en terra como no mar, que poden acabar perdéndose por falta de uso dos veciños. A actividade inclúe saídas á rúa, coma a de onte.