O curso é gratuito e a inscrición está aberta ata o 2 de xuño
21 may 2021 . Actualizado a las 15:51 h.Os vindeiros 4 e 5 de xuño, a concellaría de Muller da A Illa, que dirixe Salomé Franco Charlín, organiza uns talleres creativos coa empresa local La Platanera dentro do marco de accións propostas co financiamento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, do Ministerio de Igualdade.
O obxectivo desde obradoiro é a construción de mensaxes contra a violencia de xénero por parte das persoas participantes a partires dun proceso creativo que constará de dúas dinámicas. Por unha banda cada participante creará unha postal cunha mensaxe máis libre ou poética a través da cianotipia, técnica fotográfica do século XIX; a segunda parte do obradoiro se destinada a idear entre todas diferentes mensaxes visuais ligadas á visibilización da muller, a igualdade e contra a violencia de xénero.
Os traballos formarán parte dunha exposición colectiva e poderían tamén ser elixidos para ser a imaxe de futuras campañas de igualdade promovidas desde o Concello. A inscrición para o curso é gratuíta e pode formalizarse ata o 2 de xuño no primeiro andar do edificio consistorial.