A cita será este sábado as oito da tarde
19 mar 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Teatro do Noroeste regresa este sábado a Vilagarcía para poñer en escena Guerra, unha obra de teatro marcada pola actualidade internacional e que invitará a reflexionar sobre as causas e efectos dos conflitos bélicos. Escrita e dirixida por Eduardo Alonso, a representación enmarcada na programación organizada por Concello e Agadic comeza ás 20:00 horas.
O prezo da entrada xeral para este espectáculo é de cinco euros e a bonificada para titulares do Carné Xove, maiores de 65 anos e persoas desempregadas, de tres.