18 mar 2026 . Actualizado a las 05:00 h.
O primeiro equipo do Club Xadrez Fontecarmoa, o Viajes Interrías Sanxenxo, deu unha semana máis proba de estar nun ciclo de transición. Lonxe de ser aquel candidato ao título da División de Honra das Ligas Galegas de Xadrez, o pasado sábado non foi quen de pasar dun reparto de puntos na Pobra ante un rival, o CD Marquiño, cun cadro de xogadores moi novos. Julio Suárez, ante David Cernadas, e Julio Torrado, fronte a Manuel Cabañas, conseguiron os dous triunfos vilagarciáns. Alexander Zambrano asinou táboas con Edu Cabañas e Dan Cruz con Alfonso Brión.