A capital arousá volveu albergar os Xogos Autonómicos de Deportes Minoritarios Special Olympics Galicia
08 mar 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Un ano máis, o recinto de Fexdega converteu a Vilagarcía na sede dos Xogos Autonómicos de Deportes Minoritarios Special Olympics Galicia. Unha cita con 132 usuarios de dez entidades sociais que traballan con persoas con discapacidade intelectual empregando o deporte como instrumento de empoderamento e de visibilización da capacidade e da ilusión de quenes non se poñen límites.