Asier Cores, campión, e Irene Diz, bronce galegos sub 8 e sub 18

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Asier Cores López, no máis alto do podio do Campionato Galego Sub 28
Asier Cores López, no máis alto do podio do Campionato Galego Sub 28

Os xogadores do CX Fontecarmoa de Vilagarcía subíronse ao podio da cita disputada en Padrón

18 feb 2026 . Actualizado a las 21:04 h.

A familia do Club Xadrez Fontecarmoa pechou o parón escolar polo Entroido con dúas medallas nos Campionatos Galegos Sub 8, Sub 14 e Sub 18 disputados no Hotel Scala de Padrón. Asier Cores López proclamouse campión da categoría de idade máis nova cedendo tan só unhas táboas, e Irene Diz Loroño colgouse o bronce feminino sub 18.