Luis Arosa: «O que lle doe ao PP da casa de Marcial Dorado é a carga simbólica»
AROUSA
O goberno local propuxo facerse coa propiedade para destinala a residencia ou centro social; algo que critican dende o PP local
06 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Os socialistas da Illa din que o grupo popular fai «demagoxia barata» tras as críticas vertidas ante a intención do goberno local de mercar a vivenda de Marcial Dorado para destinala a residencia ou centro social. «Por qué lle teñen tanto medo a que ese patrimonio pasa a ser público? O que de verdade lle doe ao PP é a carga simbólica», reflexionan dende o PSdeG.
Dende o grupo queren que a propiedade se converta «nun ben social» e criticalo «é unha falta de respecto á memoria do noso pobo e a todas as vítimas daquela época». Do mesmo xeito, sinalan que mesturalo co mantemento das praias ou a creación dun pavillón «é rirse da xente». Segundo indican, «o Concello ten que facer ambas as cousas, pero só hai unha oportunidade de que ese patrimonio pase a ser público», en referencia á subasta pública na que sairá a venda a vivenda.
Pola súa parte, o grupo popular pregúntase se é verdadeiramente prioritario mercar a propiedade: «Primeiro subiron os impostos porque a situación económica do Concello era preocupante... baixo a nosa opinión hai moitas outras cousas que mellorar», apuntan. O PP pon algúns exemplos: «Se estamos tan ben de cartos baixade os impostos, arranxade o parque do Bao ou facede máis accesibles as praias».