Prepara catro obras ao longo do que resta de decembro, pensadas para os máis pequenos
09 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A biblioteca municipal Rosalía de Castro completará a programación cultural para os nenos pequenos que o Concello prepara para as semanas de Nadal. Farao, ademais de cun novo programa de dinamización da lectura que se presentará o vindeiro fin de semana, coa representación o venres, a partir das seis da tarde, da obra Amoriños contei, un espectáculo de monicreques dirixido a rapazada maior de 4 anos, e co show de maxia e humor Sorrisos máxicos, do Mago Paco, o sábado a partir das doce. Non acaban as boas novas esta semana, porque os martes 23 e 30 tamén terán lugar outras dúas obras, No Nadal toca... maxia e Un Nadal cheo de contos respectivamente.
A maxia tamén aterrará cun espectáculo no Fexturrón esta semana e durante os próximos días abrirá a aldea de Nadal, con epicentro en Clara Campoamor, e cunha chea de actividades pensadas para o gozo dos máis pequenos.