Desenvolverase na plaza de abastos de Vilagarcía
07 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A Asociación Pésdebarro organiza o vindeiro domingo 21 a primeira edición da súa Ruada de Nadal, unha xornada dedicada á música tradicional e aberta ao público. A actividade será na praza de abastos e inclúe dous obradoiros formativos, impartidos polo músico Xosé Lois D. Lucio. Pola mañá celebrarase o taller de Percusión Miúda de Nadal, centrado en ritmos e instrumentos propios desta época. Pola tarde, será un obradoiro de panxoliñas.