As de Juan Manuel Costas reciben o penúltimo, o Hand Vall Valladolid
15 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O Inelsa Solar Asmubal Meaño recibe esta noite (Pavillón de Coirón, 20 horas) o Hand Vall Valladolid. Fronte a fronte, o antepenúltimo clasificado, o cadro local, cun só punto de vantaxe sobre o segundo peor equipo do Grupo 1 da División Honor Plata Femenina.
Os números dun e doutro tras as sete primeiras xornadas da Liga sitúannos nunha situación delicada que os obriga a reaccionar. No caso do cadro que dirixe Juan Manuel Costas, co engadido de xogar na casa, diante da súa afección, nun pavillón no que o adestrador galego di «non podemos fallar». Sobre todo, nun final de 2025 no que recibirá a boa parte dos seus potenciais rivais por evitar o descenso, de aí a necesidade de acumular puntos neste derradeiro mes de competición ata o parón navideño.
Costas volverá contar con Raquel Sineiro, que se estreaba este curso inda a semana pasada, pero non aí con Sabela Miniño, de viaxe persoal a Madrid.