O Asmubal Meaño consegue o seu primeiro triunfo do curso cun contundente 28-19 ao Valladolid
AROUSA
As de Juan Manuel Costas saen de postos de descenso
04 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Era un partido marcado en vermello no calendario do Inelsa Solar Asmubal Meaño. O Cavidel Aula Valladolid visitaba o parqué de Coirón na zona de perigo da clasificación da División Honor Plata Femenina con tan só dos puntos máis co seu anfitrión. E as xogadoras que dirixe Juan Costas demostraron entender á perfección a importancia da vitoria.
O contundente 28-19 final foi o froito dun salto de calidade no xogo defensivo do Asmubal Meaño, blindado en última instancia pola grande actuación o sábado noite de Irene Ríos baixo paus. Agustina Ballada e Laura Miniño, con sete tantos cada unha, e Nicole Damascena, con cinco, lideraron o ataque meañés. A victoria eleva o Asmubal a undécimo, fóra da zona de descenso.
FICHA DO PARTIDO:
INELSA SOLAR ASMUBAL MEAÑO (28): Irene Ríos, Nicole Damascena (5), Sofía Arangio (3), Sabela Miniño (2), María Currás (1), Uxía Varela, Agustina Ballada (7), Claudia Vera, Alba Domínguez, Laura Miniño (7), Irene Romero (1), Luna Otero, Raquel Muñiz (2), Vanesa Domínguez e Shaila Fernández.
AULA VALLADOLID (19): Carmen Benítez, Ángela Perrote (2), Natalia Garcés (6), Carmen Esteban (3), Marta Serna, Victoria Casado (1), Alba Badas, María Antón (1), Sara Martínez (1), Marina Arribas, Clara Gutiérrez (1), Noelia Paniagua (1), Alejandra Alonso (3) e Yeneva Blanco.
MARCADADOR CADA CINCO MINUTOS: 1-1, 3-2, 6-3, 9-5, 11-5, 13-7 (descanso); 15-10, 18-12, 21-12, 23-15, 26-16 e 28-19 (final).
ÁRBITROS E EXCLUSIÓNS: Enrique Quiñones e Maria Puertas. Castigaron con dous minutos a local Claudia Vera (min 15.59) e as visitantes María Antón (10.53) e Marina Arribas (41.24).