O BNG volverá solicitar no parlamento galego a execución do dereito de retracto sobre o pazo de Montesacro

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

Os nacionalistas defenden que eles levan apostando por esta vía «dende o minuto cero»

03 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Representantes do grupo municipal do BNG, acompañados pola deputada parlamentaria Montse Prado, reuníronse ante o pazo de Montesacro para insistir na importancia de recuperar o inmoble para a titularidade pública. O grupo nacionalista no parlamento galego prevé levar a debate a semana que vén o exercicio do dereito de retracto como, lembra Prado, xa fixeron en dúas ocasións nos últimos meses. Pola súa parte, Liso González, concelleiro de Patrimonio, indicou que o seu grupo manterá a negativa a modificar os usos permitidos nese solo: «Opoñémonos á especulación co patrimonio de Cambados».